Paxina
20160426
1955 Vista aérea de Riveira
A fotografía de hoxe amosa unha vista de Riveira en 1955 aproximadamente. Trátase dunha colección de 6 fotos feitas en 6x6 que amosa distintas perspectivas da cidade.
20160331
1975 Caramecheiro Riveira
A imaxe data de mediados dos anos 70 do século pasado e amosa o comenzo da praia de Coroso en Padín. O cambio foi radical co recheo feito nunha zona gañada o mar e que hoxe é o vial de entrada á zona da avenida do parque García Bayón. Lembrades o nome dá empresa que aparece á esquerda?. O fondo dá foto os edificios da Avenida da Coruña e apreciase tamén o aparcadoiro.
20160311
1930 aprx. Banda ó Río
É dificil datar esta imaxe xa que a zona de Banda ó Río apenas cambiou ata mediados dos sesenta. En todo caso dado que non aparece o mercado municipal poderiase estimar que é anterior ós anos coarenta. Si aparece a fábrica de Cerqueiras e unha pequena parte da praia de Colomer. Seguro que podedes aportar datos. Grazas.
20160224
1973 Atlético de Riveira sube a 3ra división
Hoxe traio unha emblemática fotografía que seguro moitos lembraredes. O Atlético de Riveira subia a terceira división de futbol. A foto foi feita na Illa de Arousa, pero sabedes quenes son os protagonistas?. A ver se entre todos identificamos os xogadores.
[caption id="attachment_1395" align="alignnone" width="445"]
Atlético de Riveira en 3ra división 1973[/caption]
entificamos ós xogadores.
[caption id="attachment_1395" align="alignnone" width="445"]
entificamos ós xogadores.
20160217
1925- Castiñeiras (Riveira)
Castiñeiras xunto a Aguiño a terra das dornas, é a protagonista da nosa imaxe de hoxe. A fotografía amosa a primixenia vella fábrica situada o lado do castro que sería esnaquizada na década dos 70 para facer a conserveira, hoxe recuperado en espazo de servizo público. A postal corresponde a un album de fotos editado polo "Barato de Ribeira" na década dos anos vinte do século pasado.

20160204
1964 Santa Uxía de Riveira vista xeral
Grazas os amigos que nos escriben e comentan temas e fotos. Xa sabedes que podedes poñervos en contacto a través de" redaccion@riveira.eu" -ou do tfno 609 800 950.
Hoxe traemos esta postal do ano 1964 na que se aprecia unha vista da cidade. Xa está construido o dique da lonxa feito a finais da década dos cincuenta e en primeiro plano apreciase o barrio do Pombal, orixe do pobo e a fábrica de Busoms....

Hoxe traemos esta postal do ano 1964 na que se aprecia unha vista da cidade. Xa está construido o dique da lonxa feito a finais da década dos cincuenta e en primeiro plano apreciase o barrio do Pombal, orixe do pobo e a fábrica de Busoms....
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)