Paxina

20160426

1955 Vista aérea de Riveira

A fotografía de hoxe amosa unha vista de Riveira en 1955 aproximadamente. Trátase dunha colección de 6 fotos feitas en 6x6 que amosa distintas perspectivas da cidade.

1955 Riveira aérea wm

20160331

1975 Caramecheiro Riveira

A imaxe data de mediados dos anos 70 do século pasado e amosa o comenzo da praia de Coroso en Padín. O cambio foi radical co recheo feito nunha zona gañada o mar e que hoxe é o vial de entrada á zona da avenida do parque García Bayón. Lembrades o nome dá empresa que aparece á esquerda?. O fondo dá foto os edificios da Avenida da Coruña e apreciase tamén o aparcadoiro.

1970 Riveira Caramecheiro

20160311

1930 aprx. Banda ó Río

É dificil datar esta imaxe xa que a zona de Banda ó Río apenas cambiou ata mediados dos sesenta. En todo caso dado que non aparece o mercado municipal poderiase estimar que é anterior ós anos coarenta. Si aparece a fábrica de Cerqueiras e unha pequena parte da praia de Colomer. Seguro que podedes aportar datos. Grazas.

1940 Bandourrio

20160224

1973 Atlético de Riveira sube a 3ra división

Hoxe traio unha emblemática fotografía que seguro moitos lembraredes. O Atlético de Riveira subia a terceira división de futbol. A foto foi feita na Illa de Arousa, pero sabedes quenes son os protagonistas?. A ver se entre todos identificamos os xogadores.

[caption id="attachment_1395" align="alignnone" width="445"]Atlético de Riveira en 3ra división. Illa de Arousa 1973 Atlético de Riveira en 3ra división 1973[/caption]

entificamos ós xogadores.

 

20160217

1925- Castiñeiras (Riveira)

Castiñeiras xunto a Aguiño  a terra das dornas, é a protagonista da nosa imaxe de hoxe. A fotografía amosa a primixenia vella fábrica situada o lado do castro que sería esnaquizada  na década dos 70 para facer a conserveira, hoxe recuperado en espazo de servizo público. A postal corresponde a un album de fotos editado polo "Barato de Ribeira" na década dos anos vinte do século pasado.

1925 Castiñeiras wm

 

20160204

1964 Santa Uxía de Riveira vista xeral

Grazas os amigos que nos escriben e comentan temas e fotos. Xa sabedes que podedes poñervos en contacto a través de" redaccion@riveira.eu" -ou do tfno 609 800 950.

Hoxe traemos esta postal do ano 1964 na que se aprecia unha vista da cidade. Xa está construido o dique  da lonxa feito a finais da década dos cincuenta e en primeiro plano apreciase o barrio do Pombal, orixe do pobo e a fábrica de Busoms....

 

1964 Vista Riveiraw