Reportaxe do naufraxio do Santa Isabel na illa de Sálvora nos informativos territoriais de TVE.
Paxina
20110512
20110501
O aniversario do naufraxio en La Voz de Galicia
O 90 aniversario do naufraxio na illa de Sálvora apareceu hoxe na edición de Riveira das páxinas de La Voz de Galicia:
Na edición impresa do xornal a nova podía verse do seguinte xeito:
El 90 aniversario del naufragio de Sálvora deja en las librerías un nuevo tesoro
Xosé María Fernández ha reeditado el libro sobre la historia de la tragedia
Eran muchos los barbanzanos que pedían a gritos la reedición del libro que en 1998 veía la luz y ponía la piel de gallina a todos aquellos que recordaban con la lectura la tragedia del hundimiento del vapor Santa Isabel en la isla de Sálvora. Con motivo del noventa aniversario del suceso, Xosé María Fernández Pazos ha reeditado la obra literaria, que ya puede encontrarse en las librerías de la zona y de las principales ciudades de sus alrededores.
Más fotos y datos históricos actualizados dan al libro todavía más valor. El formato es ahora de bolsillo y, tal y como explica el autor, el contenido es fiel a lo publicado en los noventa. El gallego vuelve a ser el idioma escogido y, en este caso, se presenta un prólogo del que fue presidente de la Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro. De la corrección lingüística se encargó Luis González Tosar.
Esta reedición cobra una importancia especial para Barbanza. Xosé María Fernández Pazos afirmó que cuando se acabaron los ejemplares de la primera, hace más de una década, fueron muchos los vecinos que llegaron a solicitar en las librerías que se fotocopiara el libro. No en vano, los datos y capítulos históricos que en él se mezclan y que tantas horas de investigación conllevaron son dignos de ser leídos.
Recapitulando
La madrugada en la que el Santa Isabel naufragó perdieron la vida más de 200 personas, lo que hace que el suceso se recuerde como el segundo más cruento de Galicia. El libro muestra que esta cifra pudo ser más alta de no contarse con la ayuda de los vecinos de la isla y de la intervención del segundo oficial Luis Cebreiro. A todos ellos el autor ha querido dar una mención especial en las palabras recogidas y en lo que ya se considera un tesoro narrativo.
Además de sacar a la luz este libro tan esperado, Fernández Pazos ha creado un portal web en el que, además de un documental del naufragio del Santa Isabel, se recogen alrededor de cuatrocientas fotos de Ribeira de su archivo privado, comentadas y contextualizadas en el tiempo. El escritor anima a los vecinos a a aportar instantáneas a esta colección, para lo que deberán enviarlas a la dirección salvora@riveira.eu
Portada de la nueva edición
La nueva edición del libro «Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel», se ha editado a todo color con más de trescientas imágenes repartidas en 212 páginas. Además, incluye en las cubiertas unos desplegables con la imagen del vapor. También en esta ocasión su distribución es limitada, por lo que además de en las librerías el libro puede solicitarse en el correo electrónico salvora@riveira.eu o en el teléfono 630 56 01 65.
Na edición impresa do xornal a nova podía verse do seguinte xeito:
20110426
20110326
Xa á venda o libro "Sálvora, memoria dun naufraxio"
Despois de varias semanas de retraso debido a problemas técnicos de impresión por fin sae "Sálvora Memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel".
A obra de 212 páxinas, está editada a todo coor con máis de 300 imaxes e con papel de gramase de 150 gramos e unha grande calidade.O libro incorpora ademais algunhas modificacións e correccións da edición anterior de 1998, esgotada en apenas dous anos, e inclúe os despregables coas cubertas e o corte do vapor-correo.
Como no caso anterior o tratarse dunha obra de autor, a súa distribución é limitada polo que amais dos lugares onde adquirila que se irán incorporando nesta páxina pode conseguirse mediante o correo "salvora@riveira.eu" ou ben chamando o 630 56 01 65 en horarios de 11 a 14 horas.
Como é lóxico as primeiras librarías que dispoñen de exemplares son algunhas de Riveira, Santiago, A Coruña, Vilagarcia, Cambados, O Grove.

20110302
2011 O naufraxio do Santa Isabel no Faro de Vigo
O diario olívico Faro de Vigo, prublica na súa edición de hoxe mércores 2 de marzo unha reportaxe sobre o naufraxio do vapor - correo Santa Isabel afundido hai 90 anos nos baixos da illa de Sálvora. O artigo publica datos da obra "Salvora, memoria dun naufraxio" que a vindeira semana sairá do prelo nunha edición en rústica actualizada.
A reportaxe do Faro de Vigo publica fotografías inéditas da homenaxe que tributou o pobo de Vigo ás heroínas do naufraxio, imaxes cedidas polo autor da obra Xosé María Fernández Pazos.
A reportaxe do Faro de Vigo publica fotografías inéditas da homenaxe que tributou o pobo de Vigo ás heroínas do naufraxio, imaxes cedidas polo autor da obra Xosé María Fernández Pazos.
2011 O Santa Isabel no xornal El País
O xornal madrileño publicou este martes na súa edición de Galicia unha reportaxe sobre o Santa Isabel. As imaxes e datos corresponden á obra "Sálvora, memoria dun naufraxio" que vai sair do prelo a finais da próxima semana nunha edición en rústica revisada.
20110218
2011- Inminente publicación do libro sobre Santa ISabel
En 1998 o autor publicou na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, artigos que serían o xermolo do libro do que hoxe se fai unha segunda edición corrixida. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construción, o interior do buque e o naufraxio.
As lendas e historias dos raqueiros, tan habituais nas costas galegas, volveron a aflorar tralo naufraxio do buque, se ben neste caso sen fundamento, como o amosaron os informes oficiais, os escritos do capitán e do segundo oficial do vapor, Luís Cebreiro, heroe este xunto coas mulleres da illa, de salvar a medio cento de persoas.
A historia daquel tráxico suceso permanecera ata esa data no anonimato oficial durante setenta e sete anos, se ben as vilas de Arousa gardaron na memoria colectiva a traxedia e o comportamento dos habitantes da illa de Sálvora e da cidade de Riveira.
O autor, Xosé María Fernández Pazos, mestre, historiador e xornalista, traballou durante anos na recompilación de datos sobre o afundimento e o porqué do silencio da traxedia.
Aquela edición de autor esgotouse en apenas dous anos, e o traballo publicado contou con numerosas loas tanto polo escrito como pola edición, que hoxe, debido ás súas características, sería difícil de repetir.
Ó se cumpriren os noventa anos do naufraxio, sae novamente nunha edición en rústica e corrixida.
O libro estará en 15 días en librerias e pódese conseguir a través do enderezo electrónico salvora@riveira.eu
20110217
1961 Festas de verán, programa
Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca, as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo na capital da Mariña desde hai 135 anos. Levaba colgado un barquillo que soltaba fogos de artificio.
Traemos hoxe a esta páxina da nosa historia a portada do programa de festas do ano 1961 no que aparece na súa portada a imaxe a cor da Casa Consistorial e o rimbombante titular “ 1ro premio de embellecimiento de Pueblos, 1959”.
Aquel folleto levaba un saúdo do alcalde, Alvaro Landeira Martínez, pregón de José María Castroviejo e artigos de membros das reais academias da lingua española e galega, amáis de artigos do Marqués de Revilla e de don Manuel Rabanal Álvarez, catedrático de grego da USC xa desaparecido. A comisión de festas estaba presidida por José Bello Vilas.
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
20110216
Libros de Riveira: 1965 "Hombres y dornas"
En 1965 do prelo do Faro de Vigo saia a obra "Hombres y dornas" . Estamos ante unha narración novelada escrita en 1950 por Ricardo Mora, e o seu contido, segundo se indica no libro, é rigorosamente real. Estamos ante unha pequena escrita inicialmente en galego e traducida posteriormente o castelán na que se narran as vivencias dunha familia de mariñeiros que viven do traballo da súa dorna. A acción da familia descorre nas augas de Riveira e de Castiñeiras.
O libro pódese considerar o primeiro que ten a Riveira como protagonista esta impreso en branco e negro con multitude de fotografías que hoxe podemos considerar un fiel reflexo da vida da nosa terra nos anos 50. As fotografías foron premiadas en numerosos certames nacionais e internacionais. Ricardo Mora , avogado, reside desde hai décadas na cidade da Coruña.
Deste libro extraéronse os debuxos que habitualmente se publican coa descrición da dorna e que se usa en folletos, libretos e obras, habitualmente sen citar o autor.
O libro pódese considerar o primeiro que ten a Riveira como protagonista esta impreso en branco e negro con multitude de fotografías que hoxe podemos considerar un fiel reflexo da vida da nosa terra nos anos 50. As fotografías foron premiadas en numerosos certames nacionais e internacionais. Ricardo Mora , avogado, reside desde hai décadas na cidade da Coruña.
Deste libro extraéronse os debuxos que habitualmente se publican coa descrición da dorna e que se usa en folletos, libretos e obras, habitualmente sen citar o autor.
Deste libro extraéronse os debuxos que habitualmente se publican coa descrición da dorna e que se usa en folletos, libretos e obras, habitualmente sen citar o autor.
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
20110203
1970 Praza de Abastos
A fotografía de hoxe amosa a vella Praza de Abastos, Inicialmente comezou a ser construída en 1916 (apr.), tendo varias reformas posteriores. Situada na zona da Bandourrío, un dos núcleos orixinarios da cidade xunto a Deán, sería o centro da actividade coa celebración dos tradicionais “mercadillos” que aínda hoxe se seguen celebrando no malecón durante os sábados.
A finais dos anos 70 principios dos 80, iniciouse a súa reconversión , primeiro como mercado sen que tivera grande éxito. Autoridades locais decidiro posteriormente transformalo en sala de exposicións e auditorio, función que desenvolve actualmente.
O fondo aparece a fábrica de Cerqueiras . A zona sufriu unha lamentable transformación na época do tripartito o situar nos recheos os edificios de facenda, delegación de Pesca, ISM e terminal de autobuses, o que fixo que desapacera a Praia de Colomer, aumentando con elo o fíesmo da cidade que se iniciara a principios dos 70 co desenvolvemento económico.
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
20110202
1960 Avenida do Malecón
Imaxe da actual Avenida do Malecón, na época da fotografía Avenida de José Antonio Primo de Rivera . A foto é dos anos 60 e nela vese á dereita o almacén de bacallau de Colomer e a casa dos Vilas.
A recén acondicionada avenida ofrecía unha imaxe caseque bucólica dun pobo que en 1959 recibira o “Premio Nacional de embelecemento de pobos” e era chamada a “Cidade branca da Ría de Arousa” polas súas casas pintadas de branco.
© riveira.infoSi coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
20110201
1960 O León de Padín
Seguindo o noso percorrido pola vella Riveira traemos hoxe a imaxe da vella fonte do León de Padín. Situada na confluencia das Avenidas da Coruña e Ferrol, esta fonte foi instalada a principios do século XX e daba servizo ós veciños da zona. A imaxe amosa a fonte e a Avenida de Ferrol e vense o fondo os vellos "plataneiros" que cubrían boa parte da vella e tortuosa estrada que levaba a Artes, Corrubedo, O Son e Noia.
A adecuación da vía fixo que se movera a fonte de lugar, e si ben situouse no mesmo lugar unha versión algo modernizada da mesma xa que a primeira foi destruída, actualmente serve de centro da rotonda das confluencias de varias rúas de entrada e saída o casco riveirense.
A adecuación da vía fixo que se movera a fonte de lugar, e si ben situouse no mesmo lugar unha versión algo modernizada da mesma xa que a primeira foi destruída, actualmente serve de centro da rotonda das confluencias de varias rúas de entrada e saída o casco riveirense.
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
20110126
1920 A Ameixida
A Ameixida é un lugar situado a 4 quilómetros da capital municipal riveirense, na estrada que une as parroquias de Santa Uxía e o Bo Pastor. Trátase dunha zona de praia que aínda que comezou a ser masificada nos últimos tempos, aínda conserva o encanto das zonas enxebres.
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
1890 Riveira peirao
Esta é a foto máis vella que se coñece de Riveira. Esta datada entre 1880 e 1890 e trátase dunha fotografía de pequeno tamaño cortada en forma de abano algo habitual nesa época. A imaxe permite vela Igrexa parroquial inaugurada en 1863, a actual rúa Diego Delicado, onde estaba correos, e a praia do malecón. Á dereita da Igrexa vese a parte posterior da Casa de Otero.
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
20110119
1914 Casa Consistorial
Tralo incendio, a finais do século XIX, da vella Casa Consitorial ubicada no peirao riveirense, onde se atopaba a Farmacia de Tita Fernández (Avda Malecón 1, decidiuse a construcción do novo edificio que se iniciaría no campo da Feira en 1907. A imaxe corresponde a un album de 1914.
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
1920 Palmeira
A imaxe foi publicada nun album de principios do século XX. Corresponde ou peirao de Palmeira. Queres facer algún comentario sobre ela?. Engadeo ou ben escríbenos a redaccion@riveira.info
© riveira.info
1914 Dársena de Riveira
A fotografia corresponde a un album de imaxes publicados non ano 1914 aprox. Amosa a dársena dá praia coa Casa de Vilas á esquerda e a salazonera de Colomer. En medio a Rúa Campo de Marte que durante a dictadura franquista chamouse "General Sanjurjo". No medio aprecianse ás torres dous campanarios dá Igrexa parroquial.
© riveira.info
20110113
O "Titanic" galego cumpre 90 anos
O domingo 2 de xaneiro de 2011 cumprironse 90 anos do afundimento do vapor -correo Santa Isabel. O suplemento "Los domingos de La Voz" publicou un artigo meu sobre a historia do naufraxio que tivo lugar precisamente un domingo de hai 90 anos.
O afundimento do Santa Isabel cumpre 90 años
El Correo Gallego publicou dúas páxinas sobre o afundimento do vapor-correo Santa Isabel co gallo do 90 aniversario do suceso. A data de publicación foi o venres 31 de decembro de 2010. O artigo foi escrito polo xornalista do diario compostelán Suso Souto, con datos da Obra "Sálvora Memoria dun naufraxio" e fotografias da mesma.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)