A fotografía de hoxe amosa a vella Praza de Abastos, Inicialmente comezou a ser construída en 1916 (apr.), tendo varias reformas posteriores. Situada na zona da Bandourrío, un dos núcleos orixinarios da cidade xunto a Deán, sería o centro da actividade coa celebración dos tradicionais “mercadillos” que aínda hoxe se seguen celebrando no malecón durante os sábados.
A finais dos anos 70 principios dos 80, iniciouse a súa reconversión , primeiro como mercado sen que tivera grande éxito. Autoridades locais decidiro posteriormente transformalo en sala de exposicións e auditorio, función que desenvolve actualmente.
O fondo aparece a fábrica de Cerqueiras . A zona sufriu unha lamentable transformación na época do tripartito o situar nos recheos os edificios de facenda, delegación de Pesca, ISM e terminal de autobuses, o que fixo que desapacera a Praia de Colomer, aumentando con elo o fíesmo da cidade que se iniciara a principios dos 70 co desenvolvemento económico.
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
No hay comentarios:
Publicar un comentario