Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca, as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo na capital da Mariña desde hai 135 anos. Levaba colgado un barquillo que soltaba fogos de artificio.
Traemos hoxe a esta páxina da nosa historia a portada do programa de festas do ano 1961 no que aparece na súa portada a imaxe a cor da Casa Consistorial e o rimbombante titular “ 1ro premio de embellecimiento de Pueblos, 1959”.
Aquel folleto levaba un saúdo do alcalde, Alvaro Landeira Martínez, pregón de José María Castroviejo e artigos de membros das reais academias da lingua española e galega, amáis de artigos do Marqués de Revilla e de don Manuel Rabanal Álvarez, catedrático de grego da USC xa desaparecido. A comisión de festas estaba presidida por José Bello Vilas.
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
No hay comentarios:
Publicar un comentario