Paxina

20110218

2011- Inminente publicación do libro sobre Santa ISabel

En 1998 o autor publicou na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, artigos que serían o xermolo do libro do que hoxe se fai unha segunda edición corrixida. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construción, o interior do buque e o naufraxio.
As lendas e historias dos raqueiros, tan habituais nas costas galegas, volveron a aflorar tralo naufraxio do buque, se ben neste caso sen fundamento, como o amosaron os informes oficiais, os escritos do capitán e do segundo oficial do vapor, Luís Cebreiro, heroe este xunto coas mulleres da illa, de salvar a medio cento de persoas.
A historia daquel tráxico suceso permanecera ata esa data no anonimato oficial durante setenta e sete anos, se ben as vilas de Arousa gardaron na memoria colectiva a traxedia e o comportamento dos habitantes da illa de Sálvora e da cidade de Riveira.
O autor, Xosé María Fernández Pazos, mestre, historiador e xornalista, traballou durante anos na recompilación de datos sobre o afundimento e o porqué do silencio da traxedia.
Aquela edición de autor esgotouse en apenas dous anos, e o traballo publicado contou con numerosas loas tanto polo escrito como pola edición, que hoxe, debido ás súas características, sería difícil de repetir.
Ó se cumpriren os noventa anos do naufraxio, sae novamente nunha edición en rústica e corrixida.
O libro estará en 15 días en librerias e pódese conseguir a través do enderezo electrónico salvora@riveira.eu


 

20110217

1961 Festas de verán, programa

Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca, as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita  que o sigue facendo na capital da Mariña desde hai 135 anos. Levaba colgado un barquillo que soltaba fogos de artificio.
Traemos hoxe a esta páxina da nosa historia a portada do programa de festas do ano 1961 no que aparece na súa portada a  imaxe a cor da Casa Consistorial e o rimbombante titular “ 1ro premio de embellecimiento de Pueblos, 1959”.   
Aquel folleto levaba un saúdo do alcalde, Alvaro Landeira Martínez, pregón de José María Castroviejo e artigos de membros das reais academias da lingua española e galega, amáis de artigos do Marqués de Revilla e de don Manuel Rabanal Álvarez, catedrático de grego da USC xa desaparecido. A comisión de festas estaba presidida por José Bello Vilas.
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info  

20110216

Libros de Riveira: 1965 "Hombres y dornas"

En 1965 do prelo do Faro de Vigo saia a obra "Hombres y dornas" . Estamos ante unha narración novelada escrita en 1950 por Ricardo Mora, e o seu contido, segundo se indica no libro, é rigorosamente real. Estamos ante unha pequena escrita inicialmente en galego e traducida posteriormente o castelán na que se narran as vivencias dunha familia de mariñeiros que viven do traballo da súa dorna. A acción da familia descorre nas augas de Riveira e de Castiñeiras.
O libro pódese considerar o primeiro que ten a Riveira como protagonista  esta impreso en branco e negro con multitude de fotografías que hoxe podemos considerar  un fiel reflexo da vida da nosa terra nos anos 50. As fotografías foron premiadas en numerosos certames nacionais e internacionais.  Ricardo Mora , avogado, reside desde hai décadas na cidade da Coruña.
Deste libro extraéronse os debuxos que habitualmente se publican coa descrición da dorna e que se usa en folletos, libretos e obras, habitualmente sen citar o autor.
Deste libro extraéronse os debuxos que habitualmente se publican coa descrición da dorna e que se usa en folletos, libretos e obras, habitualmente sen citar o autor.


© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info  


20110203

1970 Praza de Abastos

A fotografía de hoxe amosa a vella Praza de Abastos, Inicialmente comezou a ser construída en 1916 (apr.), tendo varias reformas posteriores. Situada na zona da Bandourrío, un dos núcleos orixinarios da cidade xunto a Deán, sería o centro da actividade coa celebración dos tradicionais “mercadillos” que aínda hoxe se seguen celebrando no malecón durante os sábados.
 A finais dos anos 70 principios dos 80, iniciouse a súa reconversión , primeiro como mercado sen que tivera grande éxito. Autoridades locais  decidiro posteriormente transformalo en sala de exposicións e auditorio, función que desenvolve actualmente.
O fondo aparece a fábrica de Cerqueiras . A zona sufriu unha lamentable transformación na época do tripartito o situar nos recheos os edificios de facenda, delegación de Pesca, ISM e terminal de autobuses, o que fixo que desapacera a Praia de Colomer, aumentando con elo o fíesmo da cidade que se iniciara a principios dos 70 co desenvolvemento económico.
© riveira.info
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info  


20110202

1960 Avenida do Malecón

Imaxe da  actual Avenida do Malecón, na época da fotografía Avenida de José Antonio Primo de Rivera . A  foto é dos anos 60 e nela vese á dereita o almacén de bacallau de Colomer e a casa dos Vilas.
A recén acondicionada avenida ofrecía  unha imaxe caseque bucólica dun pobo que en 1959 recibira o “Premio Nacional de embelecemento de pobos”  e era chamada a “Cidade branca da Ría de Arousa” polas súas casas pintadas de branco.
 © riveira.info

Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info   

20110201

1960 O León de Padín

Seguindo o noso percorrido pola vella Riveira traemos hoxe a imaxe da vella fonte do León de Padín. Situada na confluencia das Avenidas da Coruña e Ferrol, esta fonte foi instalada a principios do século XX e daba servizo ós veciños da zona. A imaxe amosa a fonte e a Avenida de Ferrol e vense o fondo os vellos "plataneiros" que cubrían boa parte da vella e tortuosa estrada que levaba a Artes, Corrubedo, O Son e Noia.
A adecuación da vía fixo que se movera a fonte de lugar, e si ben situouse no mesmo lugar unha versión algo modernizada da mesma xa que a primeira foi destruída, actualmente serve de centro da rotonda das confluencias de varias rúas de entrada e saída o casco riveirense. 

 
 © riveira.info

Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info