Paxina

20131226

1925 Riveira Coroso

Esta imaxe datada nos anos vinte do século pasado foi realizada polo popular fotógrafo noiés Elias Diez, a quen se lle atribue a maioira das fotografias dos albums editados sobre Riveira e as súas parroquias. Esta en concreto corresponde á praia de Coroso e a nova  estrada que unia Riveira con Palmeira, e da que se ve a fila de "plataneiros" que ata os anos 70 cubria esa estrada.  Alguén sabes desde onde se poido tomar esta imaxe?
1925 Riveira Coroso
1925 Riveira Coroso

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Graza

1970 Riveira Praza de Calvo Sotelo actual do concello

A vella Casa Consistorial  que aparece nesta imaxe de Foto González, sería derrubada no primeiro trimeste do ano 1974. O edificio foi construído en dúas fases, a primeira delas en 1904 cando o Alcalde, José Martínez Fernández, de quen xa falamos nesta mesma web (ver enlaces) retoma o proxecto de construcción dun edificio municipal tras arder o anterior en 1862 e estar de aluguer durante mais de 40 anos. Este rexidor  retoma un proxecto anterior doutro alcalde,  Manuel Fernández González, que en 1878 quixo facer o Consistorio. Tratábase de sustituir o vello edificio  e encargou o  proxecto o arquitecto, Juan Ramón Correa Mariño, se ben non se levou a cabo.

Outras imaxes da praza :http://riveira.eu/arquivos/136

[caption id="attachment_783" align="aligncenter" width="435"]1970 Riveira Praza do Concello 1970 Riveira Praza do Concello[/caption]

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

20131223

93 anos do afundimento do vapor Santa Isabel

O próximo 2 de xaneiro cúmprense 93 anos do afundimento do vapor-correo Santa Isabel. En 1998 o historiador e xornalista, Xosé María Fernández Pazos, publicaba na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio, artigos que serían o xermolo do libro, exposicións, conferencias, reportaxes e posterior reportaxe feito pola TVG para o programa O Mar. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construción, o interior do buque e o naufraxio.

A historia daquel tráxico suceso permanecera ata esa data no anonimato oficial durante setenta e sete anos, se ben as vilas de Arousa gardaron na memoria colectiva a traxedia e o comportamento dos habitantes da illa de Sálvora e da cidade de Riveira. As lendas e historias dos raqueiros, tan habituais nas costas galegas, volveron a aflorar tralo naufraxio do buque, se ben neste caso sen fundamento, como o amosaron os informes oficiais, os escritos do capitán e do segundo oficial do vapor, Luís Cebreiro, heroe este xunto coas mulleres da illa, de salvar a medio cento de persoas.

O autor traballou durante anos na recompilación de datos sobre o afundimento e o porqué do silencio da traxedia. Aquela edición de autor esgotouse en apenas dous anos, e o traballo publicado contou con numerosas loas tanto polo escrito como pola edición, que hoxe, debido ás súas características, sería difícil de repetir.
Ante a petición de numerosas persoas fisoxe unha reedición en rústica manténdose as características gráficas da obra inicial. O libro está á venda en librerias da comarca  e pódese conseguir a través do enderezo electrónico salvora@riveira.eu, ou no teléfono 630 56 01 65. 


Video sobre o naufraxio: 


Artigos:

    La Voz de Galicia http://riveira.eu/arquivos/62

    El Correo Gallego http://riveira.eu/arquivos/6

    Faro de Vigo http://riveira.eu/arquivos/21


Portada libro naufraxio Santa Isabel

 

20131213

1965 Riveira Dique (fábricas conserveiras)

Esta fotografia corresponde a unha vista aérea do dique (malecón) da zona máis emblemática de Riveira.
Foi realizada sobre o ano 1965 xa que nela aparece aínda en pe a "Fábrica de Cardona", que se incendiou o 9 de decembro de 1967. Vese ademais o "Colexio El Pilar", e detrás a finca de Landeira e o lado a "Fábrica do Abadiño".
Na memoria colectiva do noso pobo lembrase aquela madrugada no que o lume arraxou cunha das máis emblemáticas conserveiras da vila.  A ese suceso uneuse unha serie de circunstancias que tiveron ós servizos de bombeiros de protagonistas


.Aquela noite os veciños intentaron apagar con cubos o lume que de xeito espectacular queimada a fábrica......




[caption id="attachment_767" align="aligncenter" width="425"]1967. Riveira dique. Conserveiras.  P. Escudero. 1967. Riveira dique. Conserveiras.
P. Escudero.[/caption]

O noso agradecemento a Pedro Escudero, por enviarnos esta preciosa imaxe e animaros a que sigades colaborando.

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

20131202

1948 Talleres El Nervión

Magnifica fotografía das primeiras instalacións de Talleres El Nervión no Dique da entón Avenida de José Antonio.

Falar de "Talleres El Nervión" é falar dunha das industrias máis salientables dos anos 40 a 70 do século XX. Situada na entón "Calle Alcazar de Toledo" (actual Mariño de Rivera) e no dique do porto (Dique), dedicouse á fabricación dos motores diesel, baixo a marca "HMR- Hermanos Martínez Rodriguez".

Especializada especialmente en motores de camións e barcos, onde obtivo grande renome.

Existe unha páxina non que se recolle grande cantidade de imaxes desta emblemática empresa á que invitamos ós nosos seguidores a visitar para ter mais ampla información da mesma. Recollemos hoxe esta imaxe de Andrés Gude a quen agradecemos a súa colaboración que esperamos anime a mais xente a facilitar documentos dá vella Riveira.

 

[caption id="attachment_760" align="aligncenter" width="450"]Talleres El nervión. Avenida José Antonio Riveira (1948) Talleres El Nervión. Avenida José Antonio.  Riveira (1948)[/caption]

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas