Paxina

20131223

93 anos do afundimento do vapor Santa Isabel

O próximo 2 de xaneiro cúmprense 93 anos do afundimento do vapor-correo Santa Isabel. En 1998 o historiador e xornalista, Xosé María Fernández Pazos, publicaba na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio, artigos que serían o xermolo do libro, exposicións, conferencias, reportaxes e posterior reportaxe feito pola TVG para o programa O Mar. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construción, o interior do buque e o naufraxio.

A historia daquel tráxico suceso permanecera ata esa data no anonimato oficial durante setenta e sete anos, se ben as vilas de Arousa gardaron na memoria colectiva a traxedia e o comportamento dos habitantes da illa de Sálvora e da cidade de Riveira. As lendas e historias dos raqueiros, tan habituais nas costas galegas, volveron a aflorar tralo naufraxio do buque, se ben neste caso sen fundamento, como o amosaron os informes oficiais, os escritos do capitán e do segundo oficial do vapor, Luís Cebreiro, heroe este xunto coas mulleres da illa, de salvar a medio cento de persoas.

O autor traballou durante anos na recompilación de datos sobre o afundimento e o porqué do silencio da traxedia. Aquela edición de autor esgotouse en apenas dous anos, e o traballo publicado contou con numerosas loas tanto polo escrito como pola edición, que hoxe, debido ás súas características, sería difícil de repetir.
Ante a petición de numerosas persoas fisoxe unha reedición en rústica manténdose as características gráficas da obra inicial. O libro está á venda en librerias da comarca  e pódese conseguir a través do enderezo electrónico salvora@riveira.eu, ou no teléfono 630 56 01 65. 


Video sobre o naufraxio: 


Artigos:

    La Voz de Galicia http://riveira.eu/arquivos/62

    El Correo Gallego http://riveira.eu/arquivos/6

    Faro de Vigo http://riveira.eu/arquivos/21


Portada libro naufraxio Santa Isabel

 

No hay comentarios: