Esta fotografia corresponde a unha vista aérea do dique (malecón) da zona máis emblemática de Riveira.
Foi realizada sobre o ano 1965 xa que nela aparece aínda en pe a "Fábrica de Cardona", que se incendiou o 9 de decembro de 1967. Vese ademais o "Colexio El Pilar", e detrás a finca de Landeira e o lado a "Fábrica do Abadiño".
Na memoria colectiva do noso pobo lembrase aquela madrugada no que o lume arraxou cunha das máis emblemáticas conserveiras da vila. A ese suceso uneuse unha serie de circunstancias que tiveron ós servizos de bombeiros de protagonistas
.Aquela noite os veciños intentaron apagar con cubos o lume que de xeito espectacular queimada a fábrica......
[caption id="attachment_767" align="aligncenter" width="425"] 1967. Riveira dique. Conserveiras.
P. Escudero.[/caption]
O noso agradecemento a Pedro Escudero, por enviarnos esta preciosa imaxe e animaros a que sigades colaborando.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
Mais de dúas horas despois de empezalo incendio, chegaron os bombeiros de Pontevedra e despois os de Santiago. Os que lembran aquela noite aínda lembran a impotencia dos bombeiros que non lograron facer saír auga das mangueiras a pesar de que o mar esta a menos de 30 metros.
Tal como lembran os presentes a xente pusoxe a cantar a canción de moda daquel ano: ” La manguera ¿dónde está?.¿dónde está la escalera?.La manguera ¿dónde está?.No perdamos el control. Canción de Moda en 1967 do disco Incendio en rio de Sacha Distel.
O lume arrasou a fábrica e dela so quedou durante anos, as paredes exteriores e o depósito da auga. O solar sería ocupado posteriormente polo edificio do Círculo mercantil e a Caixa de Aforros de Santiago actual NCG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario