Nos últimos meses e diria que anos, regresa a Riveira a polemica sobre os nomes da rúas da vila vinculadas á dictadura, e de persoeiros que en moitos casos nada fixeron polo pobo.
Nesta páxina dedicada á nosa historia traemos hoxe a figura dun dos fillos predilectos da vila a quen ni siquera se lle dedicou unha rúa, e iso que é sin dúbida o Alcalde que mais fixo pola vila. Trátase do industrial e comerciante, José Martínez Fernández, alcalde de Riveira nos primeiros anos do século XX.
Fillo Predilecto de Riveira outorgouselle o titulo o 13 de xullo de 1919, sendo o primeiro a quen se lle daba tal distinción.
Representante en Ribeira do sector máis progresista do vello Partido Liberal de Práxedes Mateo Sagasta, Pepe Martínez foi elixido alcalde riveirense en "nove" ocasiones e, ao longo dos seus moitos anos como rexidor, destacou nos seus dotes de xestión . Promoveu a construción da vella casa consistorial, a fonte de Padín, os cemiterios municipais de Riveira e Palmeira, e un longo etcétera entre os que está o de lograr para Riveira o título de cidade en marzo de 1906 e o de porto de segundo clase o mesmo ano.
Tamén sobresaíu polo seu espírito altruísta e benefactor, como sucedeu por exemplo con ocasión da terrible gripe de 1918, cando puxo a disposición dos menesterosos as súas propias colleitas de cereal e o seu patrimonio, co fin de contratar médicos e persoal sanitario en toda Galicia que atendesen á poboación de Ribeira. Todo iso valeulle a estima do pobo polo que o seu labor foi recoñecido en vida polos seus veciños coa distinción de Fillo Predilecto.
Sería na sesión de 13 de xullo de 1919, na que o ilustre personaxe presentaba a súa renuncia ao cargo de alcalde por motivos de saúde.
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
Paxina
20130512
20130508
1945 Praia de Colomer
A fotografia amosa a praia de Colomer, xunto a de Coroso a que acudia a xente da cidade. Na marxe superior dereita apreciase o mercado de abastos actualmente o Auditorio e o final a chimenea da fábrica da actual fábrica de Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrio que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade.

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
Etiquetas:
1945,
Abastos,
Arquivo Joferpa,
Arquivos,
Bandourrio,
Cerqueira,
Fotografías,
Praia de Colomer,
Santa Uxía,
Santa Uxía de Ribeira,
Santa Uxía de Riveira
20130503
1915 Campo do Fraile
A imaxe pertence á unha colección privada composta por placas feitas a principios do século XX por Manuel Cores García. A imaxe amosa o mercado que se facía cada domingo no denominado Campo do Fraile, mercadiño que se trasladou a este lugar dende a Praza de Compostela, onde se encontraba a antiga Igrexa Parroquial ata 1861.
O mercadiño celebrabase neste campo ata 1946 cando foi recolocado no "Campo da Feira", actualmente Praza da Constitución.
Estamos ante unha imaxe espectacular dunha serie que recolle aspectos da vida riveirense.
[caption id="attachment_363" align="alignleft" width="500"]
Campo do Fraile 1915. Fotografía Manuel Cores[/caption]
©Manuel Cores. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
O mercadiño celebrabase neste campo ata 1946 cando foi recolocado no "Campo da Feira", actualmente Praza da Constitución.
Estamos ante unha imaxe espectacular dunha serie que recolle aspectos da vida riveirense.
[caption id="attachment_363" align="alignleft" width="500"]
©Manuel Cores. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
20130502
1960 San Cristovo. Festas de verán
Dous periodos de festas habia en Riveira. As tradicionais do verán en agosto, que co paso do tempo foron tomando mais pulo ata converterse nas principais, e as dá Patroa, en setembro. Por certo estas últimas chegaban a xuntar as celebracións de varias festas locais e nalgunha ocasión tiveron duas semanas enteiras de festas.
A imaxe amosa a celebración dá festa en honra a San Cristovo patrón dos condutores. A imaxe subida a un camión colocabase diante do Consistorio e os vehículos pasaban por diante mentres o "Sala de Festas Cambeiro" enfronte xusto dá imaxe e desde onde se tomou esta fotografía. Por certo á dereita do camión aparece precisamente, Xosé Fernández Cambeiro, daquela concelleiro municipal riveirense. Desta fotografia existe amais outra copia pero en branco e negro.
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
A imaxe amosa a celebración dá festa en honra a San Cristovo patrón dos condutores. A imaxe subida a un camión colocabase diante do Consistorio e os vehículos pasaban por diante mentres o "Sala de Festas Cambeiro" enfronte xusto dá imaxe e desde onde se tomou esta fotografía. Por certo á dereita do camión aparece precisamente, Xosé Fernández Cambeiro, daquela concelleiro municipal riveirense. Desta fotografia existe amais outra copia pero en branco e negro.
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
Etiquetas:
1960,
Arquivo Joferpa,
Arquivos,
Cambeiro,
Concello,
Consistorio,
festas,
festas de verán,
Fotografías,
Santa Uxía,
Santa Uxía de Ribeira,
Santa Uxía de Riveira
1966 Vista xeral de Riveira
Emblemática postal xa clásica na que aparece unha vista do centro dá Vila. En primeiro termo á dereita (portón de coor verde) a capela do "Paso de Xesús na horta das Oliveiras" na rúa Cristobal Colón, construída dez anos antes para gardar a imaxe. Detrás a" Sala de Festas Cambeiro" e enfronte o "Consitorio", construído a principios do século XX e ampliado na década de 1940. Diante aparece a rebautizada como "Praza de Calvo Sotelo", antigamente Campo do Fraile. Na parte superior esquerda, aparecen os "Talleres El Nervión". A fotografía corresponde a unha postal editada non ano 1966.
[caption id="attachment_348" align="alignleft" width="500"]
1966 Vista de Riveira[/caption]
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
[caption id="attachment_348" align="alignleft" width="500"]
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
1914 Porta do Sol (Praza de Otero Goyanes)
A postal que traemos hoxe corresponde á Porta do Sol, actual Praza de José María Otero Goyanes. Corresponde a un album de fotografias da década dos anos dez do século pasado e a imaxe corresponde a E.Díez, un fotógrafo autor de boa parte das fotos da comarca que se editaban nos álbumes da época.
O edificio que se ve detrás da fonte corresponde á actual sede do BBVA. A fonte está actualmente no Rueiro pero sin a imaxe superior.
[caption id="attachment_342" align="alignleft" width="323"]
Puerta del Sol ano 1914[/caption]
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
O edificio que se ve detrás da fonte corresponde á actual sede do BBVA. A fonte está actualmente no Rueiro pero sin a imaxe superior.
[caption id="attachment_342" align="alignleft" width="323"]
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
Etiquetas:
1914,
Arquivo Joferpa,
Arquivos,
Barato de Riveira,
BBVA,
Fonte do Rueiro,
Fotografías,
Puerta del Sol,
Santa Uxía,
Santa Uxía de Ribeira,
Santa Uxía de Riveira
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)