Paxina
20140418
1954 Riveira visita do ministro de obras públicas
A fotografía recolle a visita do Ministro de Obras Públicas, Fernando Suárez de Tangil y Angulo, conde consorte de Vallellano a Riveira. Aparece na praza de Otreo Goyanes, antigua Porta do Sol e Praza do Carmen, acompañado do alcalde Miguel Rodriguez Bautista, considerado na historia popular local como o mellor rexidor que tivo a localidade. Apreciase o engalanamento tamén da Casa dos Otero. Por certo faltarían aínda dous anos para que a familia recuperase de novo a Illa de Sálvora despois de que fora expropiada en 1906 polo Ministerio da Guerra por necesidades de defensa nacional.
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
20140415
1969 Domingo de Ramos
Este domingo celebrouse "Domingo de Ramos" hoxe recuperamos esta vella imaxe do celebrado en 1969 que caeu un 30 de marzo. Na fotografia vese á dereita a Casa de Albino, actual administración de Loterias número 1 e que antiguamente era o edificio de Correos, en segundo plano aparece o edificio de Acción Católica. Foto AHM
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
2014 Reportaxe sobre Cáritas Riveira
Peza sobre Cáritas Riveira e o recoñecemento o seu labor realizada pola TVG para A REVISTA FIN DE SEMANA" emitida o domingo 6 de marzo de 2014.
http://vimeo.com/91912880
http://vimeo.com/91912880
20140408
1965 Palmeira
1965 aprx. Riveira Igrexa parroquial
A imaxe amosa a praza da igrexa parroquial a principios dos sesenta. O empedrado da praza tan típico e que servia de aparcadoiro ós poucos coches que circulaban na cidade. O edificio do templo cumprirá o próximo 20 de novembro, 150 anos desde a súa consagración.
[caption id="attachment_899" align="aligncenter" width="550"]
1965 Riveira Igrexa Parroquial de Santa Uxía[/caption]
[caption id="attachment_899" align="aligncenter" width="550"]
20140401
1974 Riveira Avda.José Antonio Primo de Rivera
Recuperamos hoxe esta postal de mediados dos setenta que nos ofrece unha perspectiva do malecón, daquela Avenida de José Antonio Primo de Rivera. Riveira que obtivera en 1959 o “Premio Nacional de embellecemento de pobos”, conservaba xa pouco das vilas mariñeiras que a fixera popular ” a cidade branca da Ría de Arousa”.
A imaxe amosa o solar da fábrica de Cardona que se incendiou o 9 de decembro de 1967. O seu lado o edificio da Caixa antigua fábrica do Abadiño e tamén a salazonera de Colomer. En primeiro plano á dereita a esquina da axudantia de marina e o edificio do carro que daba servizo o porto e onde estaba a maquinaria que servia para subir os barcos o dique de arranxo.

©riveira.eu
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info

Suscribirse a:
Comentarios (Atom)