Paxina

20150817

1965 Santa Uxía de Riveira. Avenida do Malecón

A fotografía que traemos hoxe remóntae a finais de xullo de 1965. Enmarcase nunha colección na que amais aparecen imaxes de Aguiño e Corrubedo.

Pouco que decir sobre a desfeita da fachada do dique (hoxe Malecón) daquela avenida José Antonio, Na fotografía vense o secadeiro de Colomer, e as conserveiras de Cardona e Abadiño.

[caption id="attachment_1199" align="alignnone" width="300"]1965 Santa Uxía Malecón 1965 Santa Uxía Malecón[/caption]

20150814

1925 Corrubedo O Faro

Este 15 de agosto un dos nosos máis emblemáticos e históricos pobos Corrubedo, celebra a festa da súa Patroa Santa María.

Como homenaxe traemos hoxe unha postal de principios dos anos vinte do século pasado no que se amosa o famoso Faro. Inaugurado en 1854 a linterna está situada a  mais de 30 metros do chan. Como curiosidade dada a sua semellanza co faro de Salvora, co luz do cal se confundía, durante unha etapa emitiu a súa de coor vermello, polo que popularmente se lle coñecía como " faro comunista"

1925 Corrubedo m

20150810

1960 aprx Corrubedo

Esta fin de semana e coincidindo coas suas festas de verán traemos unha fotografía de Corrubedo que debe ser de finais dos 50 ou principio  dos sesenta. Alguén pode concretar mais?.

Corrubedo é con Santa Uxía a parroquia da que mais fotografías vellas existen.  As súas características de típica vila galega namoraron desde sempre ós fotógrafos que fixeron da pequena parroquia moitas imaxes.

1960 Corrubedo

20150806

2015 Entrevista a Cesáreo Canabal sobre o libro da parroquia

O sábado 11 de xullo o programa "A Revista de fin de semana" da TVG emitiu unha reportaxe sobre o libro "Santa Uxía, Ocho siglos de Comunidad" no que se recolle unha entrevista a Cesáreo Canabal Castro, párroco de Santa Uxía. Recuperamos esa peza de pouco mais de tres minutos.

[embed]http://youtu.be/cuGE0UXm6fQ[/embed]

 

 

20150731

1955- Programa das Festas tradicionais de Santa Uxía de Riveira

Seguimos en Festas e que mellor que lembrar como eran hai 60 anos. Traemos hoxe  o programa completo do programa de aquelas festas que tiñan lugar entre o 6 e o 9 de agosto dedicadas a San Antonio, Santísimo Sacramento, Virxen do Rosario e Virxen do Carmen. Lembraredes os nomes de comercios e rúas da nosa cidade. Espero o disfrutedes.

E grazas polo apoio amosado no facebook estamos a punto de chegar ós 500 siareiros: https://www.facebook.com/Riveiranahistoria

 

[embed]http://issuu.com/xfpazos/docs/sdri09715073109470[/embed]

 

20150729

1959- Festas de verán Santa Uxía

Empezan as "Festas de verán 2015"  e lembramos como nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca da ría de Arousa, as festas tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo na capital da Mariña desde hai 137 anos. Levaba colgado un barquillo que soltaba fogos de artificio.

Traemos hoxe a esta páxina da nosa historia a fotografía remitida por un seguidor do palco da música na praza Igrexa ó serán cando o aluemado empezaba a gañar  o día. Por certo alguén conservara algunha foto do globo de papel?.

Felices festas 2015.

1959 Santa Uxía de Riveira palco da musica nas festas de verán.

PD A ver si vos animades a dar difusión entre amigos e coñecidos á páxina  que somentes somos 400. Animo e grazas. Lembrade  www.riveira.eu