Paxina

20140428

1969 Riveira Romaria de San Alberte

Santa Uxía celebra este luns 28 de abril a secular romaría en honra de San Alberte que marca o inicio das celebracións festeiras das comarcas da barbanza e de arousa norte.
A capela está situada no cumio do monte do mesmo nome, a 200 m. de altitude e dende o que hai unha fermosa panorámica da ría de arousa cara a un lado, e sobre o Parque Natural das dunas de Olbeira cara ao outro.  Esta construción, de reducidas dimensións, data do s. XII, aínda que de época románica só conserva o presbiterio. O resto da nave e a sancristía datan do s. XVIII.
Nela ten lugar a romaxe de San Alberto, coñecida como a romaxe "do cambio de tella".
A celebración, na que participaban as donas dos mariñeiros coa intención de acelerar a chegada dos maridos, consistía en ir movendo unha das tellas da cuberta da capela dende o sentido dun punto cardinal cara ao contrario para regular a dirección dos ventos no sentido favorable.
A romaxe celebrase desde hai séculos e congrega a centos de romeiros que participan na puxa de galiñas e ovos que son subhastados para cos cartos mantela capela. Os fieis sacan en procesión a pequena imaxe do santo, e nos últimos lustres tiran a tella cara a unha ornacina pequena, na que segundo a tradición maís moderna sin non cae o chan antes dun ano a parella casase.
O certo é que a tradición é o cambio da tella para favorecer por parte das mulleres de mariñeiros o cambio do sentido do vento para traer as embarcacións cara a terra xa que a capela ofrece un especatular mirador das rias. A festa maior celebrarase esta tarde a partir das seis. Por certo existe un dito popular que nos remonta a tempos en que non habia faros e que di que: "Si a Curota ves tapar vai a San Alberte a ventear" , en clara referencia o cambio da tella e o cambio de dirección  do vento para traer as embarcacións cara terra.
Riveira Romaria de San Alberte©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

 

20140423

1960 Riveira Casas baratas

Seguimos no noso percorrido fotográfico pola historia local de Riveira e hoxe traemos unha imaxe aérea datada aproximadamente en 1960. Xa estaba construído o Grupo escolar e as casas baratas. Apreciase tamén a esquina das naves de Talleres Nervión e as avenidas Miguel Rodriguez Bautista e por aquel entón a rúa Alcazar de Toledo, actual Mariño de Rivera. Foto P.E.

Por certo animaros a dar difusión á web e a uniros o grupo de facebook: https://es-es.facebook.com/Riveiranahistoria1955 casas baratas wm©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

20140418

1954 Riveira visita do ministro de obras públicas

A fotografía recolle a visita do Ministro de Obras Públicas, Fernando Suárez de Tangil y Angulo, conde consorte de Vallellano a Riveira. Aparece na praza de Otreo Goyanes, antigua Porta do Sol e Praza do Carmen,  acompañado do alcalde Miguel Rodriguez Bautista, considerado na historia popular local como o mellor rexidor que tivo a localidade. Apreciase o engalanamento tamén da Casa dos Otero. Por certo faltarían aínda dous anos para que a familia recuperase de novo a Illa de Sálvora despois de que fora expropiada en 1906 polo Ministerio da Guerra por necesidades de defensa nacional.

1954 Riveira Visita ministro de obras públicas wm©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

20140415

1969 Domingo de Ramos

Este domingo celebrouse "Domingo de Ramos" hoxe recuperamos esta vella imaxe do celebrado en 1969 que caeu un 30 de marzo. Na fotografia vese á dereita a Casa de Albino, actual administración de Loterias número 1 e que antiguamente era o edificio de Correos, en segundo plano aparece o edificio de Acción Católica. Foto AHM

1969 domingo de Ramos©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

2014 Reportaxe sobre Cáritas Riveira

Peza  sobre Cáritas Riveira e o recoñecemento o seu labor realizada pola TVG para A REVISTA FIN DE SEMANA" emitida o domingo 6 de marzo de 2014.
http://vimeo.com/91912880

20140408

1965 Palmeira

1965 Postal de Palmeira a mediados dos sesenta.A parroquial de San Pedro preside esta vila que é das máis vellas do concello. Chegou incluso a ser concello nso anos trinta do século dezanove xuntoa Santa Uxía, Olveira e Carreira.

1965 Palmeira