
Museo Parroquial de Santa Uxía de Riveira

Equipo da revista "O Imo" o día de presentación da publicación no Mercantil de Riveira en 1984[/caption]
De esquerda a dereita Quico, o maquetista da revista, Xosé María Fernández Pazos, director e Santiago Páramo, redactor-xefe e presidente de Vionta[/caption]Fai 275 anos que Riveira rexeitou o ataque de buques corsarios ingleses.
Pedro Arias Mariño de Sotomayor, á fronte dos veciños da comarca, logrou botar os atacantes. (Por : Xosé María Fernández Pazos)
--------
Corrían as primeiras horas da tarde do domingo, 9 de agosto do ano 1739, cando os apenas mil veciños da localidade de Riveira se viron sorprendidos polo ataque de corsarios ingleses, tan habituais na época. Contaba a tradición oral, sobre todo dos vellos do Pombal, que tan intenso era o combate e o canoneo entre os buques británicos e o pazo do señor da zona que corrían ríos de bronce desde a “fortaleza” ata o mar. O certo da historia é menos fantasioso: hai hoxe 275 anos, o 9 de agosto, Pedro Arias Mariño de Sotomayor, á fronte dos veciños, vencía, “tras duro combate”, ás tripulacións que arribaran en tres buques. Os invasores atacaron por sorpresa a localidade da que, ante o estupor inicial e o desconcerto dos seus habitantes, se fixeron os donos.
Pazo de San Lourenzo O Pombal[/caption]A residencia oficial do alcabaleiro, o funcionario da Coroa ó que se lle aboaban daquela os impostos, que estaba situada no barrio de Banda o Río, era o obxectivo inicial dos saqueadores, que buscaban loxicamente o lugar onde atopar mais botín. No ataque inicial os corsarios fixeron cativos ós veciños e apoderáronse de todo o que tiña valor. O pazo foi destruído e a poboación fuxiu ás parroquias veciñas para protexerse.
Trala sorpresa e conscientes da situación, os que lograron salvarse do ataque inicial uníronse cos veciños das parroquias veciñas de Artes, Olveira, Carreira, Oleiros e Corrubedo, e capitaneados por Pedro Arias Mariño, formaron un pequeno exército de voluntarios que aínda que inferior en número, descendeu desde A Garita e conseguiu expulsar ós invasores. Tralo contraataque, liberáronse os prisioneiros retidos polos corsarios e recuperouse o botín.
Aquela “batalla” sin dúbida unha das habituais das que se producían naqueles anos nas augas das rias galegas, quedou gravada na memoria popular como un dos feitos de armas mais sobranceiros das xentes das comarcas.
A casa de Pedro Arias de Sotomayor, representante do Tesouro e da Santa Inquisición en Riveira, sería reconstruída anos máis tarde polos seus descendentes, que residían no lugar de Figueirido, na parroquia de Palmeira.
Casa dos Mariño en Figueirido[/caption]Por esta e outras fazañas, don Pedro conseguiu que se lle outorgase escudo heráldico de armas, distinción que conserva aínda hoxe o pazo de San Lourenzo, que se alza no actual barrio do Pombal e que é coñecida como a casa dos Cadenas.
O escudo ostenta os cuarteis das casas de Soutomaior, Salgado e Noguerol; as ondas dos Goiáns, Caamaño e Benavides e o busto da serea dos Mariño de Lobeira.
Escudo dos Mariño Pombal[/caption]Outro escudo similar a este, que presidía a casa de Figueirido, atópase na actualidade na fachada do pazo dos Otero fronte á Igrexa parroquial.
As dúas casas, Pombal e Figueirido, conforman o núcleo matriz dos Mariño, antigo e ilustre apelido galego, arredor do cal existen diversas e fantasiosas lendas. Tiñan os Mariño o privilexio de usar o tratamento de Don e descendían de Diego Arias Mariño de Lobeira que, durante o reinado de Carlos II o Enfeitizado, foi capitán de mar e terra, soldado en Flandres e gobernador da cidade de Lima (O Perú).

Aquel 9 de agosto de 1739 foi a segunda ocasión da que se ten constancia, na que a localidade de Riveira era atacada directamente por corsarios ingleses. A primeira vez foi o sábado, 11 de xuño de 1644 - fixo polo tanto recentemente 370 anos- cando o capitán Andrés de Otero Arias Mariño, ó servizo da Coroa española, defendeu “heroicamente” a poboación, que daquela tiña o seu centro de actividade en Banda o Río, núcleo orixinario xunto a Fondevila e Deán, da urbe actual. Tampouco era a primeira vez que a costa arousá padecía a acción dos saqueadores. Por eses mesmos anos sería atacado o sur da ría, como o amosan as noticias da época.
Imaxe de San Lourenzo[/caption]O valor e a heroicidade da xente da comarca faría que xa en 1485 os Reis Católicos asinasen en Tarazona un protocolo de distinción conforme o cal os veciños destas terras poderían ser axustizados como nobres en caso de que fosen condenados a morte, excepción feita dos reos de traizón á Coroa. Así, os habitantes das terras riveirenses serían considerados “fidalgos ante a morte”.
Visita de Franco a Riveira
Pero obrigado é tamén facer referencia á visita que hai hoxe 70 anos fixo o xeneral Franco á localidade. O motivo? A inauguración da “Clínica do 18 de xullo” situada no barrio da Amarella. Aquela visita sen maior importancia é unha das que soia facer o ditador durante a súa estadía estival en terras galegas, obtivo a súa lembranza no rueiro local co nome de “Rúa 9 de Agosto de 1944”.
A perspectiva histórica e o acontecer fan hoxe esbozar un sorriso pola ocorrencia dos políticos locais, que, sen dúbida condicionados polas circunstancias da época, non tiveron máis remedio que facer boa unha iniciativa para inmortalizar aquela visita. O acontcemento quedou plasmado, á marxe das imaxes da prensa, nunha reportaxe do NO-DO que se pode ver hoxe no portal da historia local www.riveira.eu.
Por certo, non estaría mal, como propuxen xa hai tres décadas en artigos meus, que se cambiase polo menos o ano da rúa, que tería mas sentido en homenaxe ós veciños que o de manter o dunha mera visita protocolaria. Para cando?
1965 apr. Praza do Concello. Arquivo Joferpa[/caption]
E esta outra fotografía amosa as festas de verán do ano 1979. Como se aprecia a fachada do malecón bulia de actividade, sobre todo de coches nun soleado dia de agosto.Vese tamén o monte e a Capela de San Alberte, aínda non afectado pola desfeita do polígono industrial de Xarás, e tamén o Caramecheiro cos incipientes edificios algúns deles aínda en contrucción.
Esta fotografia corresponde a unha vista do malecón a zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada sobre o ano 1965 .Nela aparecen aínda o secadeiro de Colomer, en pe está a “Fábrica de Cardona”, que se incendiou en 1967 e o lado a “Fábrica do Abadiño”.
Na memoria colectiva do noso pobo lembrase aquela madrugada no que o lume arraxou cunha das máis emblemáticas conserveiras da vila. A ese suceso uneuse unha serie de circunstancias que tiveron ós servizos de bombeiros de protagonistas. Aquela noite os veciños intentaron apagar con cubos o lume que de xeito espectacular queimada a fábrica……
1965 Riveira Malecon[/caption]
1970 Riveira Festa da Dorna[/caption]O ano seguinte da sua creación en 1949, celebrariase o primeiro baile de gala que tería lugar na “Salón Cambeiro”, cedido durante anos para a recadación de cartos cos que se farian dornas que se sortearian entre as familias necesitadas do concello.
O paso do tempo faría esmorecer a Festa dá Dorna a finais dous anos oitenta, si ben xa na década dos 90, un grupo de mozos recupera a celebración dándolle iso si un carácter totalmente distinto. A reprodución amosa a primeira invitación do baile de Gala que tería lugar ese ano o 23 de xullo, se ben posteriormente pasaría o 24 de xullo.
1949 Invitación da festa da dorna o segundo ano da súa creación. Arquivo Joferpa-Dorna[/caption]
1921 Vigo recepción Heroínas de Sálvora[/caption]
Riveira. Corpus na década dos coarenta .[/caption]
1960 Riveira Festas do Carme[/caption]
1964 Riveira Vista-desde-o-Monumento[/caption]
Alcalde Felix Garcia Arriaga[/caption]
Cardeal Fernando Quiroga Palacios[/caption]
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
1965 Riveira Igrexa Parroquial de Santa Uxía[/caption]
A postal amosa a Praza de Otero Goyanes a principios dos anos 70. Na imaxe pódese ver de esquerda a dereita o establecemento de Foto Eugenio, o de electrodomésticos Alex (non lembro o nome), a sede daquela novo Banco de Bilbao (vello Banco da Coruña), enriba a sede do Círculo Mercantil e Industrial e tamén coma non o establecemento Santos, onde estaba antigamente o barato de Riveira na década dos anos vinte do século pasado e hoxe Reloxería Montero.
Coma non aparece a Casa Solariega dos Otero, un dos seus descendentes, José María Otero Goyanes falecido en combate durante a Guerra Civil, da nome á praza que antigamente se chamaba Porta do Sol e ata principios do século XX, Praza do Carme.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.A fotografía amosa a actual parroquia de Castiñeiras nos anos 30 do século pasado. Por aquel entón pertencía á Parroquia de Santa Uxía e crearíase como tal en 1967. Castiñeiras é o pobo das dornas, unha embarcación típica da ría que segundo algúns investigadores remóntase ás invasións viquingas sendo unha adaptación en pequeno dos famosos drakkar. Existen varios tipos desta típica embarcación que da nome amais a unha das festas mais singulares a da dorna, creada como unha iniciativa social en 1948. A imaxe é dun álbum de postais de 1930 aproximadamente.
En xaneiro de 1944 caia na comarca unha das nevaradas máis importantes do século. A imaxe corresponde o "Pazo de La Soledad" emblemático edificio situado na Coenlleira. Trátase dunha construción do século XVIII. Nel viviu desterrado ata a súa morte o sacerdote galego, Manuel Acuña y Malvar. Foi Párroco de Carreira. En 1792 foi elixido cóengo de Santiago. Vinculado o movemento intelectual inconformista de Santiago, o novo arcebispo mandouno desterrar. En 1809 organizou en Sevilla o levantamento de Galicia contra os franceses. Participou na reconquista de Vigo, onde foi nomeado gobernador político e durante as Cortes de Cádiz defendeu firmemente as leis liberais. Coa reimplantación do absolutismo en 1814, foi procesado e pechado no Convento de Herbón ata 1820. Pasou os seus últimos anos neste Pazo da Soedade que ten amais unha fermosa capela barroca, alí morrería en 1845.
@Arquivo Joferpa[/caption]
@ Arquivo Joferpa[/caption]
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
Seguimos avanzando no noso percorrido pola historia fotográfica local. A pesar de que ninguén se anima a colaborar tentarei non desanimarme e o que se di neste caso non tirar a toalla.
A imaxe de hoxe amosa unha imaxe dos anos 30 do peirao de Riveira. Construido inicialmente no 1800 esta zona seria reformada e pasaria de ser dunha estructura de madeira a unha de pedra tendo varias fases de mellora e ampliación que ainda continuan agora. O fondo apreciase entre a néboa os picos da Curota e dos Forcados. A fotografía foi publicada nos anos 30 nunha das obras emblemáticas sobre o noso pais.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
P.D. Lamento o da marca de auga pero xa vos dixen que estan a piratear as imaxes sin citala fonte.Imaxe de Coroso nos anos 20 do século XX. Na fotografía intúese a estrada que une Riveira con Palmeira marcada polos famosos "plataneiros" que limitaban a estrada. Tamén se ve o final dá enseada a Illa dos Ratos. A estrada foi construída sendo Ministro Antonio Romero Ortíz na década dous anos 60 do século XIX. Substituíu ou lanuxe Camiño Real que discurría pola costa ata Palmeira

1920 Patrona Santa Uxía (Riveira). Arquivo Joferpa[/caption]