Paxina

20130708

1974 Casa Consistorial derrube

A vella Casa Consistorial seria derrubada no primeiro trimeste do ano 1974. O edificio foi construído en dúas fases, a primeira delas en 1904 cando o Alcalde, José Martínez Fernández, de quen xa falamos nesta mesma web (ver alcaldes) retoma o proxecto de construcción dun edificio municipal tras arder o anterior en 1862 e estar de aluguer durante mais de 40 anos. Este rexidor  retoma un proxecto anterior doutro alcalde,  Manuel Fernández González, que en 1878 quixo facer o Consistorio. Tratábase de sustituir o vello edificio  e encargou o  proxecto o arquitecto, Juan Ramón Correa Mariño, se ben non se levou a cabo.

Habería que esperar a  principios do século  XX cando o alcalde Martínez Fernández, decide inicialas obras  que se realizaran no chamado Campo do Fraile, unha zona acondicionada en 1886 polo entón alcalde Domingo Vilas Sampedro......
1974. Derrube da Casa Consistorial Foto González

1974. Derrube da Casa Consistorial Foto González
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a "redaccion@riveira.info".Grazas

20130703

1960 Dársena de Riveira

A imaxe do ano 1960 amosa a dársena do porto de Riveira xa coa sua configuración caseque definida. Vese a zona do asteleiro onde se subian vos barcos para ao seu arranxo, e xa na primeira fila de vivendas e de esquerda a dereita, a Casa de Vilas, a fábrica de Cardona coa sua cheminea, a fábrica do Abadiño e os talleres "El Nervión".
Diante da fábrica de Cardona vense ainda os bloques que servían para a ampliación do porto que se estaba a facer neses anos.

Destaca o aspecto branco de todolos edificios, polo que a cidade conseguiría o título de "Premio Nacional de Embellecimiento de Pueblos de 1959". Ese aspecto branco serviría de lema o título de "Cidade branca da Ría de Arousa", títulos conseguidos sendo Alcalde, Miguel Rodriguez Bautista.

[caption id="attachment_536" align="aligncenter" width="500"]1960 Peirao de Riveira 1960 Peirao de Riveira[/caption]

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info.Grazas

20130624

1999 O naufraxio do Santa Isabel video

En 1998 o autor publicou na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, artigos que serían o xermolo do libro e posterior reportaxe feito pola TVG para o programa O Mar. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construción, o interior do buque e o naufraxio. A historia daquel tráxico suceso permanecera ata esa data no anonimato oficial durante setenta e sete anos, se ben as vilas de Arousa gardaron na memoria colectiva a traxedia e o comportamento dos habitantes da illa de Sálvora e da cidade de Riveira.
http://youtu.be/AKA3m1LML0I

©riveira.eu Si coñeces algún outro dato sobre este video ou sobre o que se ve nel non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info.Grazas

20130618

1965 O Carmen

A imaxe que recuperamos hoxe é a procesión do Carme do ano 1965 aproximadamente.  A imaxe da Virxe aparece o fondo do grupo de fieis tralo estandarte.  O lado esquerdo  vese a Praia de Colomer,  coa casa de Don Alejandro e Dona Encarnación Colomer, que tiñan un establecemento de efectos navais. Pegada á casa estaba o almacén de salgado e bacallau. Detrás dos almacéns estaba a Fonda Queiruga da Señora Concha Diz.  Xa no lado dereito dos fieis vese a recen estreada Axudantía Militar de Mariña que substituiría o antigo fielato derruído a finais dos anos 50. (AHM)

1965 Procesión do Carmen

©riveira.eu Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info

20130613

Manuel Lustres Rivas, xornalista e escritor

José Manuel Antonio Lustres Rivas (Riveira, 11 de xaneiro de 1888 - Redondela, 10 de novembro de 1936),  xornalista, político e escritor riveirense, vítima da represión do bando franquista durante a Guerra Civil.  Fillo dun piloto de buques mercantes, José Lustres Gonzalez e de María Rivas Otero, trasladouse a Santiago de Compostela para estudar medicina na súa universidade. Alí fíxose amigo de Castelao e participou nos debates do Café Colón. Moi vinculado ao galeguismo,  empezou a colaborar no diario ourensán O Miño e en  en Galicia Nova e na Gaceta de Galicia, que se editaba en Vigo. Foi tamén director do Heraldo Galego. En 1915 marchou a Madrid onde escribiu para España Nova, A Xornada, O Liberal e A Publicidade. Regresou a Galicia en 1918, onde colaborou coa Concordia de Vigo ata 1922.  Ao ano seguinte foi nomeado redacto-xefe do xornal "Galicia. Diario de Vigo". Tras pasar uns anos en Arxentina durante a ditadura de Primo de Rivera, á volta colaborou co Faro de Vigo, entre outros medios.


Nos primeiros días da Guerra Civil, foi detido na sé do xornal e encarcelado na prisión habilitada no antigo lazareto da illa de San Simón. Foi asasinado en novembro de 1936 e o seu corpo achado nunha estrada próxima a Redondela. En 1986 foi declarado Fillo Ilustre de Riveira.




[caption id="attachment_469" align="alignleft" width="200"]Manuel Lustres Rivas (Riveira 1888-Redondela 1936) Manuel Lustres Rivas (Riveira 1888-Redondela 1936)[/caption]




[caption id="attachment_468" align="alignleft" width="400"]Casa de Manuel Lustres Rivas 1980. Fotografía arquivo Xosé María Fernández Pazos Casa de Manuel Lustres Rivas 1980. Fotografía arquivo Xosé María Fdez. Pazos[/caption]






















































Artigo de La Voz de Galicia, publicado o 11 de novembro de 2011


No  75 cabodano de Manuel Lustres Rivas

 por Xosé María Fernández Pazos, xornalista e historiador


A principios de 1984 tiña a oportunidade de falar amplamente con dona Inés Lustres Rivas. Muller de idade avanzada e irmá do insigne xornalista riveirense, Manuel Lustres, de quen o próximo día 10 de novembro se cumprirán 75 anos do seu asasinato en Redondela.

20130606

1944 Franco visita Riveira (video)

O 9 de agosto de 1944, Franco visita Riveira. Recibido polas autoridades locais encabezadas polo alcalde, Miguel Rodriguez Bautista, o xeneral chega en medio dos aplausos do pobo no malecón , daquela Avenida José Antonio, conservando a parafernalia habitual da época.

http://youtu.be/nB3dMV6Q43A

Video Filmoteca Nacional- Nodo