Paxina

20130819

1914 Porto de Riveira

A imaxe corresponde a unha reproducción recollida por un album de fotos editado polo Círculo Mercantil e Industrial de Riveira en 1975, co gallo do seu 50 aniversario. É parte dunha colección de postais editado polo "Barato de Riveira", Casa Baltar, establecemento ubicado na actual sede do BBVA na Praza de Otero Goyanes(ver 1914 Porta do Sol (Praza de Otero Goyanes) e que consta dun album dos anos dez de 1900 e que constaba dunhas 20 imaxes.

En primeiro termo á esquerda aparece o barco adega que se encargaba de traer mercadurias e vese lixeiramente o  fielato,  nome popular que recibían as casetas de cobro dos arbitrios e taxas municipais sobre o tráfico de mercancías, aínda que o seu nome oficial era o de estación sanitaria, xa que aparte da súa función recadatoria servían para exercer un certo control sanitario sobre os alimentos que entraban nas cidades. O termo fielato procede do fiel ou balanza que se usaba para a pesada

[caption id="attachment_578" align="alignleft" width="450"]1914 Porto de Riveira 1914 Porto de Riveira[/caption]

 

 

 

 

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

 

20130815

1965 Accidente no dique de Santa Uxía

Recibimos esta curiosa imaxe que se situa, segundo o noso remitente, a mediados dos anos 60. Como se ve o camioneiro non guiou axeitadamente á hora de ir polo dique e acabou nesta posición tan comprometida.

Sobre a autoría da imaxe hai discrepancias, polo que agradecemos a calqueira que teña algún dato no lo aporte a " redaccion@riveira.eu " . Gracias e seguimos esperando as vosas colaboracións.

1965 Accidente Portuario -

 

 

 

 

 

 

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

1960 Vista aérea de Riveira

A imaxe amosa unha vista aérea de Riveira a principios dos anos 60. Ofrece a fotografía un aspecto do centro de Santa Uxía, desde a parroquial, a Casa Consistorial, a Sala de Festas Cambeiro",  o porto coa dársena ou a "Clínica 18 de xullo", que aparece na parte superior dereita, entre outros moitos edificios.
Tratase dunha reprodución que forma parte dunha serie de imaxes que recolle a vila en todo ou seu explendor, cando aínda era a "Cidade branca dá Ría de Arousa", e que un lustro antes recibira o "Premio nacional de embellecimiento de pobos". Foto: P.E.

[caption id="attachment_564" align="alignleft" width="450"]Riveira 1960 Riveira 1960[/caption]

 

 

 

 

 

 

 

 

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

20130806

1930- Campo do Fraile

"Asociación Popular. Aviación" . Santa Eugenia de Riveira, 17 de septiembre de 1916. A causa do accidente sufrido por el aviador señor Piñeiro, que le imposibilita para volar, esta asociación no queriendo privar al pueblo de este festejo y sin reparar en nuevos gastos que hubo que realizar, ha contratado al aviador señor González a cuyo cargo estará dicho festejo, realizando diferentes ejercicios, excepto el de vuelos invertidos.

Entrada de preferencia: Señores socios 1 peseta. No socios 1,50.

Nota: No hay reclamación alguna si una vez empezado el espectáculo tuviera que suspenderse por cualquier causa. La Directiva".

[caption id="attachment_554" align="aligncenter" width="378"]Riveira Campo do Fraile 1925 Riveira Campo do Fraile 1930[/caption]

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

20130708

1974 Casa Consistorial derrube

A vella Casa Consistorial seria derrubada no primeiro trimeste do ano 1974. O edificio foi construído en dúas fases, a primeira delas en 1904 cando o Alcalde, José Martínez Fernández, de quen xa falamos nesta mesma web (ver alcaldes) retoma o proxecto de construcción dun edificio municipal tras arder o anterior en 1862 e estar de aluguer durante mais de 40 anos. Este rexidor  retoma un proxecto anterior doutro alcalde,  Manuel Fernández González, que en 1878 quixo facer o Consistorio. Tratábase de sustituir o vello edificio  e encargou o  proxecto o arquitecto, Juan Ramón Correa Mariño, se ben non se levou a cabo.

Habería que esperar a  principios do século  XX cando o alcalde Martínez Fernández, decide inicialas obras  que se realizaran no chamado Campo do Fraile, unha zona acondicionada en 1886 polo entón alcalde Domingo Vilas Sampedro......
1974. Derrube da Casa Consistorial Foto González

1974. Derrube da Casa Consistorial Foto González
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a "redaccion@riveira.info".Grazas

20130703

1960 Dársena de Riveira

A imaxe do ano 1960 amosa a dársena do porto de Riveira xa coa sua configuración caseque definida. Vese a zona do asteleiro onde se subian vos barcos para ao seu arranxo, e xa na primeira fila de vivendas e de esquerda a dereita, a Casa de Vilas, a fábrica de Cardona coa sua cheminea, a fábrica do Abadiño e os talleres "El Nervión".
Diante da fábrica de Cardona vense ainda os bloques que servían para a ampliación do porto que se estaba a facer neses anos.

Destaca o aspecto branco de todolos edificios, polo que a cidade conseguiría o título de "Premio Nacional de Embellecimiento de Pueblos de 1959". Ese aspecto branco serviría de lema o título de "Cidade branca da Ría de Arousa", títulos conseguidos sendo Alcalde, Miguel Rodriguez Bautista.

[caption id="attachment_536" align="aligncenter" width="500"]1960 Peirao de Riveira 1960 Peirao de Riveira[/caption]

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info.Grazas