Paxina

20130624

1999 O naufraxio do Santa Isabel video

En 1998 o autor publicou na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, artigos que serían o xermolo do libro e posterior reportaxe feito pola TVG para o programa O Mar. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construción, o interior do buque e o naufraxio. A historia daquel tráxico suceso permanecera ata esa data no anonimato oficial durante setenta e sete anos, se ben as vilas de Arousa gardaron na memoria colectiva a traxedia e o comportamento dos habitantes da illa de Sálvora e da cidade de Riveira.
http://youtu.be/AKA3m1LML0I

©riveira.eu Si coñeces algún outro dato sobre este video ou sobre o que se ve nel non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info.Grazas

20130618

1965 O Carmen

A imaxe que recuperamos hoxe é a procesión do Carme do ano 1965 aproximadamente.  A imaxe da Virxe aparece o fondo do grupo de fieis tralo estandarte.  O lado esquerdo  vese a Praia de Colomer,  coa casa de Don Alejandro e Dona Encarnación Colomer, que tiñan un establecemento de efectos navais. Pegada á casa estaba o almacén de salgado e bacallau. Detrás dos almacéns estaba a Fonda Queiruga da Señora Concha Diz.  Xa no lado dereito dos fieis vese a recen estreada Axudantía Militar de Mariña que substituiría o antigo fielato derruído a finais dos anos 50. (AHM)

1965 Procesión do Carmen

©riveira.eu Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info

20130613

Manuel Lustres Rivas, xornalista e escritor

José Manuel Antonio Lustres Rivas (Riveira, 11 de xaneiro de 1888 - Redondela, 10 de novembro de 1936),  xornalista, político e escritor riveirense, vítima da represión do bando franquista durante a Guerra Civil.  Fillo dun piloto de buques mercantes, José Lustres Gonzalez e de María Rivas Otero, trasladouse a Santiago de Compostela para estudar medicina na súa universidade. Alí fíxose amigo de Castelao e participou nos debates do Café Colón. Moi vinculado ao galeguismo,  empezou a colaborar no diario ourensán O Miño e en  en Galicia Nova e na Gaceta de Galicia, que se editaba en Vigo. Foi tamén director do Heraldo Galego. En 1915 marchou a Madrid onde escribiu para España Nova, A Xornada, O Liberal e A Publicidade. Regresou a Galicia en 1918, onde colaborou coa Concordia de Vigo ata 1922.  Ao ano seguinte foi nomeado redacto-xefe do xornal "Galicia. Diario de Vigo". Tras pasar uns anos en Arxentina durante a ditadura de Primo de Rivera, á volta colaborou co Faro de Vigo, entre outros medios.


Nos primeiros días da Guerra Civil, foi detido na sé do xornal e encarcelado na prisión habilitada no antigo lazareto da illa de San Simón. Foi asasinado en novembro de 1936 e o seu corpo achado nunha estrada próxima a Redondela. En 1986 foi declarado Fillo Ilustre de Riveira.




[caption id="attachment_469" align="alignleft" width="200"]Manuel Lustres Rivas (Riveira 1888-Redondela 1936) Manuel Lustres Rivas (Riveira 1888-Redondela 1936)[/caption]




[caption id="attachment_468" align="alignleft" width="400"]Casa de Manuel Lustres Rivas 1980. Fotografía arquivo Xosé María Fernández Pazos Casa de Manuel Lustres Rivas 1980. Fotografía arquivo Xosé María Fdez. Pazos[/caption]






















































Artigo de La Voz de Galicia, publicado o 11 de novembro de 2011


No  75 cabodano de Manuel Lustres Rivas

 por Xosé María Fernández Pazos, xornalista e historiador


A principios de 1984 tiña a oportunidade de falar amplamente con dona Inés Lustres Rivas. Muller de idade avanzada e irmá do insigne xornalista riveirense, Manuel Lustres, de quen o próximo día 10 de novembro se cumprirán 75 anos do seu asasinato en Redondela.

20130606

1944 Franco visita Riveira (video)

O 9 de agosto de 1944, Franco visita Riveira. Recibido polas autoridades locais encabezadas polo alcalde, Miguel Rodriguez Bautista, o xeneral chega en medio dos aplausos do pobo no malecón , daquela Avenida José Antonio, conservando a parafernalia habitual da época.

http://youtu.be/nB3dMV6Q43A

Video Filmoteca Nacional- Nodo

20130514

1940 Rosalia Castro e Alameda

A imaxe que recuperamos hoxe corresponde a1940 aproximadamente. Nela recollese o aspecto do Campo do Fraile ou praza do concello e a Avenida de Rosalía de Castro. Na fotografía apreciase na parte dereita o “Café de Núñez” e a parada dos autobuses “El Celta”. Foto AMR




[caption id="attachment_423" align="alignleft" width="450"]Alamedade Riveira ,1940 aprx. Alamedade Riveira ,1940 aprx.[/caption]
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

20130513

1958 Fielato

Aínda que a vida de Riveira sempre estivo vinculada o mar, non sería ata 1801 cando se empezaría a construción do primeiro dique. O crecemento pesqueiro de Santa Uxía tería un pulo importante a partir do século XVIII, no que boa parte do mesmo tería moito que ver a chegada das familias cataláns e a construción das fábricas. Santa Uxía mantiña a sua relación comercial habitual por mar en concreto con Vilagarcía o porto por excelencia da ría.
A imaxe que traemos hoxe corresponde a finais da década dos cincuenta. No primeiro termo aparece o fielato, nome popular que recibían as casetas de cobro dos arbitrios e taxas municipais sobre o tráfico de mercancías, aínda que o seu nome oficial era o de estación sanitaria, xa que aparte da súa función recadatoria servían para exercer un certo control sanitario sobre os alimentos que entraban nas cidades. O termo fielato procede do fiel ou balanza que se usaba para a pesada.

A partir de 1961 o lugar onde estaba este servizo pasou a ser ocupado pola Axudantía de Mariña que con anterioridade se atopaba na primeira planta dun edificio situado na rúa Xeneral Franco, antiga rúa Venecia, e que no baixo contaba nos últimos anos coa sucursal dunha entidade bancaria, enfronte xusto do cruceiro da Virxe da Saúde no Castelo. AHM

[caption id="attachment_397" align="alignleft" width="500"]Fielato Riveira finais dos anos 50 Fielato Riveira finais dos anos 50[/caption]

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas